Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Introdución á Economía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A18 A26 A31 A35 B8 B9 Realización e entrega de prácticas de cada un dos temas impartidos.Entrega o último dia programado para cada práctica non calificandose as prácticas entregadas fora de prazo.
Algunha das prácticas poderanse realizar e subir ao espazo habilitado para ese efecto en Moodle durante a clase. Si o alumno non asistiu a clase o día que se realice a práctica correspondente, non poderá entregar a práctica, a non ser que se xustifique convenientemente.
20
Presentación oral A13 A31 B2 O alumno realizará unha exposición do traballo tutelado. 10
Proba obxectiva A6 A13 A18 B4 B2 Na data aprobada en Xunta de Centro levarase a cabo unha proba obxectiva na que o alumno terá que responder ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, só unha certa ) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ambos tipos. Á nota obtida na proba obxetiva se lle sumará a das restantes metodoloxías sempre e cando o alumno aprobe a devandita proba obxectiva.

40
Traballos tutelados A6 A14 A16 A18 A19 A32 B3 B4 B9 B14 C4 C5 Elaboración dun traballo de curso a partir dos temas propostos pola profesora. 20
Sesión maxistral A6 A10 A18 A20 A26 A27 A29 A31 A35 B2 B4 B6 B8 C6 C7 C8 Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Valoración obxetiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións presenciais
10
 
Observacións avaliación

 

CONVOCATORIA ORDINARIA

Á nota obtida
na proba obxetiva se  lle sumará a das  restantes metodoloxías sempre e
cando o alumno aprobe  a devandita proba obxectiva.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Aqueles alumnos  que non superen a asignatura na convocatoria ordinaria, poderán gardar  a nota das outras
metodoloxías para a oportunidade de xullo.

DISPENSA

Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal
seguemento da asignatura, poderán optar por examinarse do 100% da sua
cualificación por medio dunha proba  obxetiva final. En ningún caso
poderán realizar as demás metodoloxías.

EN RELACIÓN COS
TRABALLOS TUTELADOS VALORARASE:


– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo

- A profundidade do contido

- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto
disciplinar

- A utilización de fontes documentais complementarias e
actuais

- A presentación e a claridade da exposición

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes