Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 A31 B2 B3 B8 B9 B13 Valoración obxectiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas pola profesora 30
Proba mixta A13 A31 B2 B4 B8 B12 B13 C1 C3 Exame sobre os contidos teórico-prácticos da asignatura, composto por preguntas orais ou escritas, de desenvolvemento breve ou tipo test, a resolver polo alumno nun tempo determinado. 30
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B4 B8 B9 B12 C1 C3 As prácticas a través das TIC consisitirán na resolución a través de programas informáticos específicos ou de internet de supostos plantexados en clase 40
 
Observacións avaliación

Será imprescindible lograr o 50%
da cualificación correspondente a cada un dos apartados a evaluar para que
se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final.
De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non
superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria
ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de xullo, onde a
metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100
% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos
do programa.



Como alternativa, aqueles alumnos
que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, poderán optar por
examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva
final, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa
na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade
de xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba
obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre
contidos teóricos como prácticos do programa.



Todos os alumnos farán constar de
xeito explícito por correo electrónico dirixido á profesora, si optan por
AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente nos quince días
posteriores á súa incorporación oficial á asignatura, entenderase que optan
polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en
curso.



A entrega das prácticas para a
súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as
indicacións dadas polo docente. A cualificación de non presentado aplicará
cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
nota acadada. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes