Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 A31 B2 B3 B8 B9 B13 Valoración obxectiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo persoal docente. 20
Proba mixta A13 A31 B2 B4 B8 B12 B13 C1 C3 Exame sobre os contidos teórico-prácticos da asignatura, composto por preguntas orais ou escritas, de desenvolvemento breve ou tipo test, a resolver polo alumno nun tempo determinado. 20
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B4 B8 B9 B12 C1 C3 As prácticas a través das TIC consisitirán na resolución de supostos plantexados en clase a través de programas informáticos específicos ou de internet. 60
 
Observacións avaliación

ALUMNADO XERAL (SIN DISPENSA DE DOCENCIA)

Será imprescindible entregar o 90% das prácticas e acadar como mínimo un 75% da puntuación correspondente ás mesmas para superar a asignatura. Se o alumnado non acada este mínimo, non se terán en conta as avaliacións do resto de metodoloxías (sesión maxistral e porba mista) e a avaliación constará SUSPENSA na convocatoria
ordinaria e poderá volver examinarse na segunda oportunidade, onde a
metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100
% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos
do programa.

A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle o na que estableza o personal docente e seguindo as indicaciones dadas polo mesmo. A cualificación de NON PRESENTADO aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA CONCEDIDA



Como alternativa, aqueles alumnos
que non poida facer un normal seguemiento da materia por ter concedida de forma expresa a DISPENSA DE DOCENCIA, poderán optar por
examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva
final, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa
na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na segunda oportunidade, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba
obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre
contidos teóricos como prácticos do programa.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes