Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Socioloxía do Traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 C1 Exame oral ou escrito, con preguntas, exercicios prácticos ou comentario de texto.

50
Lecturas A18 B1 B2 B3 B8 B9 B14 C1 Lecturas críticas, comentarios, discusións, exposicións, participación activa e positiva no aula e exercicios prácticos que os alumnos deben realizar EN CLASE e subir ao espazo habilitado para ese efecto en moodle, seguindo as instrucións do profesor.
Si non se asistiu a clase o día no que se realice a práctica correspondente, NON se poderá entregar a práctica non realizada, a non ser que se xustifique convenientemente (a través do mail maria.romani@udc.es), e tendo en conta que a súa cualificación será algo menor que si se entrega en clase, posto que o profesor non pode controlar o tempo nin os recursos que o alumno utiliza fóra do aula. En todo caso, non poderán pasar máis de 24 hs entre a data da práctica feita en clase e a entrega. Doutra banda, hai que ter en conta que haberá algunhas prácticas, que pola súa metodoloxía non se poderán realizar fose do aula (por exemplo grupos de discusión, debates, presentacións, preguntas do profesor, etc.)
50
 
Observacións avaliación

O alumno DEBERÁ OPTAR
POR UNHA DAS FORMAS DE AVALIACIÓN que se describen a continuación E
COMUNICARLLO AO PROFESOR a través do mail: mromani@udc  nos 15 primeiros días do inicio das clases e
non poderá cambiar a opción a non ser que sexa de forma xustificada e co
consentimento expreso do profesor. No caso de que o alumno non comunique ao
profesor no prazo establecido a modalidade de avaliación elixida, se evaluará
segundo a SEGUNDA FORMA DE AVALIACIÓN, é dicir, realizará só a proba obxectiva
sobre o 100% da materia.



PRIMEIRA FORMA DE AVALIACIÓN (avaliación continua):

-      Realizar
como mínimo o 25% da parte correspondente a LECTURAS (50%) e presentarse á
PROBA OBXECTIVA (50%). 

-      
Neste
caso sumásense as cualificacións obtidas nas dúas metodoloxías , TANTO NA
OPORTUNIDADE DE XANEIRO COMO EN XULLO. 

-      
Si a suma das dúas
metodoloxías non alcanzase o aprobado na oportunidade de Xaneiro, manterase a
cualificación obtida na parte correspondente a "LECTURAS" e sumarase
á cualificación obtida na PROBA OBXECTIVA da oportunidade de Xullo.

-      
É dicir, o alumno que
opte por este sistema de avaliación (avaliación continua)  NON poderá presentarse só á PROBA OBXECTIVA
sobre o 100% nin en xaneiro nin en xullo. A cualificación final obtida en caso de non presentarse á PROBA OBXETIVA será a
correspondente a LECTURAS tanto na oportunidade de xaneiro como de
xullo.

SEGUNDA
FORMA DE AVALIACIÓN: 

-      
Realizar
só a PROBA OBXECTIVA (100%) tanto na oportunidade de Xaneiro como na de Xullo. NOTA IMPORTANTE: aqueles alumnos que debido a situacións particulares
non poidan acollerse a ningún destes sistemas de avaliación, DEBERÁN
POÑERSE EN CONTACTO CO PROFESOR NOS 15 PRIMEIROS DÍAS DO INICIO DA
DOCENCIA da asignatura para tratar de adaptar o sistema de avaliación a través del mail: maria.romani@udc.es












Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes