Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Social Código 660G01020
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Romaní de Gabriel, María
Correo electrónico
maria.romani@udc.es
Profesorado
Romaní de Gabriel, María
Correo electrónico
maria.romani@udc.es
Web http://http://www.erlac.es/
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é a capacitación dos e das estudiantes para a realización de investigacións sociais empíricas dentro da área de coñecemento das Relacións Laborais e os Recursos Humanos. Dado o carácter eminentemente práctico da materia, para a que innegablemente tamén se require unha formación teórica de base en torno á metodoloxía e ás técnicas de investigación empregadas nas Ciencias Sociais, esta materia pretende, asemade, orientar aos e ás estudiantes na realización da memoria fin de Grao da titulación en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Plan de continxencia MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS Non se realizarán cambios METODOLOXÍAS Non se realizarán cambios MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA O ALUMNADO No caso de transferir todas as sesións a virtual, utilizaranse as ferramentas Moodle e Teams Correo eletronico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver du?bidas. Os horarios de titoría empregaranse preferentemente para resolver todas esas consultas e realizar reunións virtuais cos estudantes Moodle: diariamente. Empregaranse, entre outras, as diferentes ferramentas dispoñibles como entrega de tarefas, foros e chat. Teams: farase unha sesión grupal semanal para avanzar nos contidos teóricos e prácticos no tempo asignado para a materia segundo o calendario escolar. A petición dos estudantes, realizaranse conexións para aclarar dúbidas, tanto prácticas como teóricas, preferiblemente nas horas que, segundo o calendario, estean programadas titorías. Esta dinámica permite un seguimento normalizado e axustado das necesidades de aprendizaxe dos estudantes para desenvolver os contidos da materia. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN Non se realizarán cambios MODIFICACIÓNS NA BIBLIOGRAFÍA/WEBGRAFÍA Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes