Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito da Seguridade Social I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A13 A14 A17 C3 C4 C5 C6 C7 C8
Valoración obxectiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo profesor Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación.
10
Saídas de campo A30 B13 Está prevista unha visita a organismos da Seguridade Social. No caso de que non sexa posible se valorará a asistencia alomenos a un Congreso, curso ou conferencias indicados polo profesor organizados por ERLAC ou entidades Colaboradoras. 10
Seminario A15 A16 A27 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17
Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente nas sesións e desenvolvemento dun informe sobre os mesmo. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación.
30
Proba obxectiva A2 A3 A7 A31 B1 C1 C2 Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. 50
 
Observacións avaliación

Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías a fin de obter a nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia.

Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimento da materia, poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT


A proba obxectiva conterá catro partes: Proba tipo test de 20 preguntas con tres respostas alternativas, preguntas de resposta curta, exposición dun tema e un caso práctico.








Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes