Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito da Seguridade Social II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Saídas de campo Está prevista unha visita á un organismo da Seguridade Social (Pode ser Inspección de traballo, INSS ou TGSS) para coñecer o seu funcionamento. No caso de non se poder realizar dita visita se sustituirá por outra actividade semellante como a asistencia a Congreso, conferencia, seminario organizado polo centro ou outra actividade indicada polo profesor.
Traballos tutelados Consistirá na realización de tres traballos a propoñer polo profesor sobre distintas materias relacionadas coas prestacións da Seguridade Social. Os traballos necesariamente se remitirán por Moodle para a súa avaliación. Cada un dos traballos será exposto polo estudiante na clase ben en grupo ou individualmente según o tipo de traballo solicitado.
Proba obxectiva A proba terá duas partes. A primeira parte un exercicio tipo test (as preguntas erradas restas) combinado con un examen teórico de varias preguntas cortas e longas, que terá o valor do 60% da nota do exámen. A segunda parte consistirá na realización de un ou máis casos prácticos e será avaliado co 40% da nota.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes