Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito da Seguridade Social II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario Parte práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión magistral, con apoio fundamental no uso de Internet. É unha clase tipo "seminario" por cada clase tipo "sesión maxistral".

O alumno deberá resolver os tres exercicios prácticos que se lle propoñen durante o curso
Traballos tutelados Consistirá na realización dun traballo proposto polo docente de carácter colectivo e deberá ser presentado e defendido ao finalizar o curso en formato TFG /máximo 15 folios)
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test de resposta múltiple (20 preguntas) varias preguntas teóricas de tipo curto e unha longa e a resolución de un ou varios casos prácticos propostos polo profesor. O test a as preguntas teóricas poden ser escritas ou orais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes