Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito da Seguridade Social II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. 10
Seminario Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. 30
Proba obxectiva Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. 50
Sesión maxistral Valoración obsectiva da asistencia e participación activa dos estudantes nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo profesor. Será necesario superar a proba obxectiva para sumar esta puntuación. 10
 
Observacións avaliación
<div><p>Para os estudantes que sigan o modelo de avaliación continua deberán obter alomenos 25 puntos da suma da sesión maxistral, Seminario, Traballos Tutelados para poder computar a nota da proba obxectiva.</p><p>A proba obextiva esixará superar o 50% da parte teórica e práctica. De non conseguir o mínimo o estudante non superará a materia aínda que se lle gardará a nota da metoloxía superada na segunda oportunidade.&nbsp;</p></div><div>Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías a fin de obter a nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Igualmente a proba obxectiva ou exame consta de duas partes (teórica con preguntas tipo test, preguntas cortas e tema a desenvolver) e práctica. Será preciso superar co 50% da nota para poder avaliar o exame

Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimento da materia, poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT</div>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes