Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Prevención e Xestión de Riscos Laborais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A14 A31 B1 B2 B9 B12 Valoración das achegas dos estudantes na realización dos casos prácticos individuais, así como intervencións dos alumnos no desenvolvemento das clases. 70
Proba obxectiva B3 B5 Proba individual obxectiva a desenrolar polo alumno. 30
 
Observacións avaliación

A parte práctica da asignatura ("Estudo de casos") supón o 70% da nota final, mentres que a parte teórica ("Proba obxectiva") supón o 30% da nota final. Para que se sumen as diferentes metodoloxías, de cara a obter unha nota media final, será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar ("Estudo de casos" e "Proba obxectiva").

De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100 % da cualificación.

Aqueles alumnos que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, por ter recoñecida a Dispensa de Docencia, poderán optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final durante os periodos de avaliación oficialmente establecidos.

De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación. Se solicitan dispensa, todos os alumnos farán constar ao profesor mediante email ou de forma visible na súa ficha de alumno  e se ésta se lles concedeu, debendo consignar nese caso se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL. O alumnado non poderá ser avaliado simultáneamente por avaliación continua e por proba obxectiva final. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan pola PROBA OBXECTIVA FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso. 

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes