Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Prevención e Xestión de Riscos Laborais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A14 A31 B1 B2 B9 B12 Valoración das achegas individuais dos estudantes tras a realización dos casos prácticos propostos. 40
Proba obxectiva B3 B5 Proba escrita individual sobre o coñecemento adquirido polo alumno dos contidos da materia, tanto na modalidade tipo test como nas preguntas a desenrolar. 60
 
Observacións avaliación

A parte práctica da asignatura ("Estudo de casos") supón o 40% da nota final, mentres que a parte teórica ("Proba obxectiva") supón o 60% da nota final. Para que se sumen as diferentes metodoloxías, de cara a obter unha nota media final, será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar ("Estudo de casos" e "Proba obxectiva").

Respecto á parte práctica da asignatura ("Estudo de casos"), compre indicar que os alumnos de avaliación continua que acaden o 50% da cualificación correspondente quedarán exentos de examinarse de dita parte na proba obxectiva correspondente á convocatoria ordinaria.

De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías ao término da convocatoria ordinaria, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa, podendo volver a examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación consistirá nunha única proba obxectiva (dividida en duas partes, "Proba obxectiva" e "Estudo de casos") cun valor total do 100 % da cualificación final. 

Aqueles alumnos que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, por ter recoñecida a Dispensa de Docencia, poderán optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final durante os periodos de avaliación oficialmente establecidos. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva (dividida en duas partes, "Proba obxectiva" e "Estudo de casos") por valor do 100% da cualificación. 

Se solicitan dispensa, todos os alumnos farán constar ao profesor mediante email ou de forma visible na súa ficha de alumno  e se ésta se lles concedeu, debendo consignar nese caso se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL. O alumnado non poderá ser avaliado simultáneamente por avaliación continua e por proba obxectiva final. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan pola PROBA OBXECTIVA FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso. 

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes