Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Prevención e Xestión de Riscos Laborais II
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Nas sesións maxistrais exporanse situacións concretas sobre a prevención dos riscos laborais, incitando ao debate activo e dinámico das distintas propostas que os alumnos vaian expoñendo, co obxectivo de alcanzar conclusións sobre as cuestións expostas. A exposición dos contidos realizarase con aplicación de medios audiovisuais.

Durante as clases analizaranse aspectos normativos sobre a lexislación laboral en materia de prevención de riscos para conseguir que o alumno estableza os seus propios criterios de valoración e interpretación da normativa. Tras as sesións maxistrais, celebraranse asemade tutorías personalizadas para aqueles alumnos que o requiran.

No estudo de casos prácticos analizaranse supostos prácticos como complemento dos contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais. Durante as prácticas o profesor atenderá persoalmente as dúbidas dos alumnos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes