Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Prevención e Xestión de Riscos Laborais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A22 A31 B1 Análise de supostos prácticos como complemento dos contidos teóricos expostos nas sesións magistrales con inclusión de casuísticas actuais relacionadas cos riscos laborais 40
Proba mixta A5 A23 B3 B6 C7 Proba escrita individual sobre o coñecemento dos contidos adquiridos polo alumno 60
 
Observacións avaliación

Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a evaluar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100 % da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Como alternativa, aqueles alumnos que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, poderá optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno si optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes