Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 A23 B2 B8 B12 C6 C7 Exposición oral completada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas os estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. A clase maxistral e tamén coñecida como conferencia, método expositivo e lección maxistral. Esta última modalidade soe referirse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contenido que supón a elaboración orixinal e basada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información a audiencia. 10
Seminario A10 A13 A15 A23 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións as que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. 30
Proba obxectiva A10 A13 A31 B1 B2 B3 B4 B8 B12 B14 C1 C4 Proba escrita utilizada para a evaluación do aprendizaxe coa característica de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe uns instrumento de medida, elaborado rigurosamente que perrmite evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc... E de aplicación tanto para a evaluación diagnóstica, formativa e sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de respostas breve, de discriminación, de completar ou asociar. 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A15 A23 B4 B8 B13 B14 C7 Actividades realizadas polo alumno que implica a asistencia ou participación en enventos científicos, divulgativos (congresos, xornadas...) co obxectivo de profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia. 10
Lecturas A10 A13 A31 B2 B9 C6 Conxunto de textos e documentación escrita editada como fonte de coñecemento nos contidos traballados 10
 
Observacións avaliación

Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías a fin de obter a nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia.

Como alternativa, aqueles alumnos que non poidan facer un normal seguimento da materia, poderán optar por examinarse do 100% do seu cualificación por medio dunha proba obxectiva final. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.

Todos os alumnos farán constar de forma visible na súa ficha de alumno se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan polo EXAME FINAL. 

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT

A proba obxectiva conterá duas partes: Proba tipo test de 10 preguntas con tres respostas alternativas e preguntas de resposta curta e. longa

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes