Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito Procesual Laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A14 A27 A30 A34 B12 B14 C3 Metodoloxía onde o alumno se enfronta ante a descripción dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido , valorado e resolto de forma individual ou por un grupo de personas . A decisión ou resposta poderá ser exposta, segundo o traballo proposto, de forma oral ou escrita. 50
Proba obxectiva A1 A13 Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou en afirmación incompleta, e varias opcións de resposta que proporcionan posibles solucións , das que só unha delas é valida. Con posibilidade de realizar algún outro tipo de proba obxectiva durante o cuatrimestre .
Será preciso superar a proba obxectiva final para poder aprobar a asignatura.
40
Sesión maxistral A34 B4 B12 C1 C6 C7 Asistencia , participación e implicación positiva nas clases.
Durante estas clases proporánse actividades variadas para conquerir un incremento na nota de avaliación final.
5
Saídas de campo A20 B12 B13 B14 C7 Asistencia ou participación en eventos ou actos relacionados coa materia que se imparte nesta asignatura
Somente se a situación de pandemia o permite
No caso de non ser posible a porcentaxe de avaliación adicada a esta metodoloxia incrementará a porcentaxe prevista da sesión maxistral, que pasará a ser de 10.
5
 
Observacións avaliación

A avaliación dos alumnos con dispensa realizarase exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas na proba obxectiva final .  Nas convocatorias extraordinarias, a avaliación de todos os alumnos, se realizará exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas proba obxectiva final. En ámbolos dous casos o resultado desta proba será o 100% da nota . 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes