Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Políticas Sociolaborais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten
de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar
coordinados por un moderador
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na
exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios
de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo
distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non
correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente,
que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento,
aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a
introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade
de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é
tamén coñecida como ?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección
maxistral?. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección
impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido
que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da
palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos
estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos
e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do ?como
facer as cousas?. Constitúe unha opción baseada na asunción polos
estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino
baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente
dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes