Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Políticas Sociolaborais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
10
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
5
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a
posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un
instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos,capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Os alumnos que NON opten pola evaluación contínua, poderán realizar unha proba obxectiva ao rematar o curso, na data establecida para o examen da asignatura. A nota desta proba será a da asignatura, e se valorará entre 0 e 10.
60
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de motivarlles nas accións de localización e discriminación da información útil e necesaria para adquirir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como
?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección maxistral?. Esta última modalidade adóitase
reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais,

cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo
da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
10
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo
a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida
prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada
na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente
dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
15
 
Observacións avaliación

Os alumnos utilizarán a ferramenta Moodle para poder desenvolver as metodoloxías didácticas que o profesor da materia considere oportunas. Para aprobar e condicion necesaria acadar máis de trinta puntos na proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes