Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Historia Social do Traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 Para facilitar a comprensión dos estudantes, discutirase na clase a interpretación e significado dos textos e demáis material documental seleccionado, por iso, valorarase a asistencia do alumno. 15
Lecturas A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C8 Comentaráse en grupos reducidos cos estudantes, o contido das lecturas recomendadas para facilitar a súa asimilación 15
Obradoiro A12 A13 A14 A18 A19 A32 A33 B2 B4 B8 B9 C1 C3 C4 C6 C8 Os estudantes, ben de forma individual ou en grupo (máximo de 3 alumnos) elixiran un tema (tras acordalo coa profesora) para o seu estudo en profundidade 20
Presentación oral A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 Os traballos deberánse expor na aula utilizando presentacións e deberán de intervir todos os integrantes dogrupo. 20
Prácticas a través de TIC A1 A2 A12 A13 B2 B8 B9 C4 C6 C8 Realización de exercicios de clase, presentacións, búsqueda de información, interpretación de datos, etc. 10
Proba de ensaio A1 A2 A3 A12 A13 B2 B8 C4 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións 20
 
Observacións avaliación

O alumno podrá superar a asignatura de 2 formas:

- OPCIÓN 1: a suma das notas obtidas nos seguintes apartados ha de superar os 5 puntos.

- traballos de clase, comentarios de textos, documentos, gráficas etc que se farán na clase (máximo 2 puntos)

- traballo de curso: sobre o temario da asignatura. O tema e estructura do mesmo se acordará previamente coa profesora e é obrigatorio a súa exposición na aula. (máximo 2 puntos)

- exame: proba escrita que pode incluir preguntas e comentario de documentos históricos.(máximo 6 puntos)

- OPCIÓN 2:para alumnos con dispensa académica, as notas obtidas nos seguintes apartados ha de superar os 5 puntos

        - Exame do temario da asignatura. Proba escrita que pode incluir preguntas e comentario de documentos históricos.(ata un máximo de 8 puntos)

        - Traballo de curso: sobre o temario da asignatura. O tema, estructura e a data de exposición do mesmo se acordará, previamente, coa profesora, é obrigatorio a súa exposición na aula  .(Ata un máximo de 2 puntos)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes