Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Enfermaría
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar teorías de enfermaría e práctica enfermeira.
  A2 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ciencias básicas e da vida.
  A3 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ciencias sociais, do comportamento e da saúde.
  A4 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar ética, lexislación e humanidades.
  A5 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar tecnoloxía e informática aos coidados da saúde.
  A6 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar política nacional e internacional.
  A7 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar resolucións de problemas e toma de decisións.
  A8 Coñecemento relevante de e capacidade para aplicar principios de investigación e información.
  A9 Capacidade para traballar nun contexto profesional, ético e de códigos reguladores e legais, recoñecendo e respondendo a dilemas e temas éticos ou morais na práctica diaria.
  A10 Capacidade para traballar dunha maneira holística, tolerante, sen axuizamentos, coidadosa e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos.
  A11 Capacidade para educar, facilitar, apoiar e animar a saúde, o benestar e o confort das poboacións, comunidades, grupos e individuos cuxas vidas están afectadas pola mala saúde, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou a morte.
  A12 Capacidade para recoñecer os diversos roles, responsabilidades e funcións dunha enfermeira, e axustar o seu papel co obxecto de responder efectivamente as necesidades da poboación ou dos pacientes.
  A13 Capacidade para aceptar a responsabilidade do seu aprendizaxe e desenvolvemento profesional, utilizando a avaliación como o medio para reflectir e mellorar a súa actuación e aumentar a calidade dos servicios prestados.
  A14 Capacidade para emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos axeitados para o paciente, tendo en conta os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes.
  A15 Capacidade para recoñecer e interpretar os signos normais ou cambiantes de saúde-mala saúde, sufrimento, incapacidade da persoa (valoración e diagnóstico).
  A16 Capacidade para responder as necesidades do paciente planificando, prestando servicios e avaliando os programas individualizados mais apropiados de atención xunto o paciente, os seus coidadores e familias e outros traballadores sanitarios ou sociais.
  A17 Capacidade para cuestionar, avaliar, interpretar e sintetizar criticamente un abano de información e fontes de datos que faciliten a elección do paciente.
  A18 Capacidade de facer valer os xuízos clínicos para asegurar que se acaden estándares de calidade e que a práctica se base baseada na evidencia.
  A19 Capacidade para manter a dignidade, privacidade e confidencialidade do paciente (utilizando as habilidades...).
  A20 Capacidade para poñer en práctica principios de saúde e seguridade, incluídos a mobilización e manexo do paciente, control de infeccións, primeiros auxilios básicos e procedementos de emerxencia (utilizando as habilidades...).
  A21 Capacidade para administrar con seguridade fármacos e outras terapias (utilizando habilidades...).
  A22 Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiáns (utilizando as habilidades...).
  A23 Capacidade para responder as necesidades persoais durante o ciclo vital e as experiencias de saúde ou enfermidade. Por exemplo, dor, eleccións vitais, invalidez, ou no proceso de morte inminente (utilizando as habilidades...).
  A24 Capacidade para informar, educar e supervisar a pacientes e coidadores e as súas familias (utilizando as habilidades...).
  A25 Capacidade para unha comunicación efectiva (incluíndo o uso de tecnoloxías): con pacientes, familias e grupos sociais, incluídos aqueles con dificultades de comunicación.
  A26 Capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas preocupacións e intereses, e que poidan responder de forma axeitada. Por exemplo, emocional, social, psicolóxica, espiritual ou fisicamente.
  A27 Capacidade para representar de forma axeitada a perspectiva do paciente e actuar para evitar abusos.
  A28 Capacidade para identificar e tratar comportamentos desafiantes.
  A29 Capacidade para recoñecer a ansiedade, o estres e a depresión.
  A30 Capacidade para dar apoio emocional e identificar cando son necesarios o consello dun especialista ou outras intervencións.
  A31 Capacidade para informar, rexistrar documentar e derivar coidados empregando tecnoloxías axeitadas.
  A32 Capacidade para darse conta que o benestar do paciente acádase a través da combinación de recursos e accións dos membros do equipo socio-sanitario de coidados.
  A33 Capacidade para dirixir e coordinar un equipo, delegando coidados de forma axeitada.
  A34 Capacidade para traballar e comunicarse en colaboración e de forma efectiva con todo o persoal de apoio para priorizar e xestionar o tempo eficazmente mentres se acadan os estándares de calidade.
  A35 Capacidade para valorar o risco e promover activamente o benestar e seguridade de toda a xente do entorno de traballo (incluída/os ela/es mesma/os).
  A36 Capacidade para empregar criticamente as ferramentas de avaliación e auditoría do coidado segundo os estándares de calidade relevantes.
  A37 Dentro do contexto clínico, capacidade para educar, facilitar, supervisar e apoiar os estudantes de coidados de saúde e traballadores socio-sanitarios.
  A38 Capacidade de comprender os principios de financiamento de coidados socio-sanitarios e usar os recursos eficientemente.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Capacidade de análise e síntese .
  B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
  B10 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
  B11 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
  B12 Capacidade para organizar e planificar.
  B13 Toma de decisións.
  B14 Habilidades interpersoais.
  B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  B16 Apreciación da diversidade e da multiculturalidade.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes