Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Psicoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A12 A13 A14 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 C10 C11
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo . A valoración farase tendo en conta os seguintes apartados:
- Descrición, síntese e relación da información dos contidos ou temas relativos ós traballos
- Utilización de léxico específico.
-Habilidades na comunicación.
Puntuará un mínimo de 0 e un máximo de 10.
20
Análise de fontes documentais A12 A13 A14 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B22 B24 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Cando a/o estudante deba presentar o resultado da análise da fonte documental a asistencia será obrigatoria, valorándose as competencias comunicativas .No desenvolvemento analizarase a realización da valoración de enfermaría segundo patróns funcionais, identificación de problemas, os obxectivos a alcanzar e as intervencións de enfermaría planificadas nas persoas escollidas nas distintas fontes documentais.
Puntuará un mínimo de 0 e un máximo de 10.
20
Proba obxectiva A12 A13 A14 A17 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B22 B24 C1 C4 C6 C7 C8 C9 C10 C11 A proba constará de :
-preguntas tipo test (puntuación máxima de 80% da proba) Cada dous erros descontarán un acerto.
-dúas preguntas sobre un tema a desenvolver relacionadas con contidos teóricos, lecturas e traballos tutelados(puntuación máxima de 20%).
A totalidade da proba obxectiva puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
60
 
Observacións avaliación

Será necesario acadar unha puntuación mínima de 5 na proba obxectiva para aplicar a porcentaxe correspondente a cada unha das metodoloxías.

No caso da segunda oportunidade os criterios se asimilan aos da primeira oportunidade.

No caso de matricula a tempo parcial e adianto de oportunidade deberá presentarse un traballo que suporá o 40% da nota. O 60 % restante corresponderá á cualificación obtida na proba obxectiva.

Na realización dos traballos tutelados e analise de fontes documentais, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes