Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Utilizarase ao principio do curso para mostrar ao alumno en que consiste a asignatura e como o temario permitiralle adquirir os coñecementos básicos das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas Ciencias da Saúde
Sesión maxistral Esta metodoloxía será empregada ao longo do curso para mostrar ao alumno os conceptos teóricos que se expoñerán na asignatura.
Prácticas a través de TIC Nas prácticas o alumno poderá traballar coas aplicacións vistas en clase, así ao mesmo tempo que aprende poderá ver as posibilidades que ofrecen no tratamento da información.
Aprendizaxe colaborativa Parte 1: Os alumnos realizarán traballos en grupo ou de xeito individual, a lectura crítica dun artigo científico orixinal e unha revisión bibliográfica narrativa, e sobre outros contidos da materia.
Solución de problemas Esta metodoloxía utilizarase ao longo do curso para comprobar que se acadaron as competencias relacionados coa práctica da asignatura: uso de sistemas de historia clínica electrónica, aplicacións telemáticas, técnicas de seguridade en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, etc.
Presentación oral Parte 1: Os alumnos presentarán na aula cos medios audiovisuais dispoñibles na mesma os traballos realizadoa ao longo do cuadrimestre.
Proba de resposta breve Usarase ao final do curso para comprobar que o alumno comprendeu os coñecementos teóricos explicados ao longo do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes