Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa "Metodoloxía Cualitativa": As/os estudantes en grupo ou individualmente realizarán actividades relacionadas cos contidos, dende a proposta dunha pregunta, á lectura crítica dun informe final e á realización dunha proposta de investigación cualitativa.
Presentación oral "Metodoloxía Cualitativa": Presentación da proposta de investigación elaborada individualmente ou en grupo.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos contidos téoricos de cada tema da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de exemplos e preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe

Solución de problemas Formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia
Lecturas Revisión de textos e documentos dixitais como profundización dos contidos traballados na materia
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico, mediante a utilización das TIC, para aplicar na práctica os contidos teóricos da materia. Utilizarase software de análise estatística e epidemiolóxica
Proba mixta Proba obxectiva que pode integrar preguntas test, de resposta breve e/ou exercicios de cálculo
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes