Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 "Metodoloxía Cualitativa": O resultado das actividades realizadas en grupo ou individualmente (incluida a proposta de investigación cualitativa) será entregado previamente á súa expoción na aula ou mediante as tecnoloxías de información e comunicación telemática.
A nota representará 80 % da calificación global da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia.
24
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

"Metodoloxía Cualitativa": Proba escrita con preguntas tipo test o curta relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e aprendizaxe colaborativa.
A nota total representará 20 % da calificación total da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia.
41
Solución de problemas A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Se realizarán probas de coñecemento e /ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual ou en grupos mediante a aplicación dos coñecementos traballados. Puntuarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán
Estas actividades puntuaranse de 0 a 10 puntos, representando o 50% da calificación desta parte da asignatura.
35
 
Observacións avaliación

As dúas partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.

 Para superar a materia é necesario superar cada unha das partes individualmente, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente. 

No caso de que non se supere unha das dúas partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será a correspondente a parte suspensa, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. 

A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula: 

Nota final = 0,3 * Nota Investigación Cualitativa + 0,7 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestadística 

Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada docente comentará como se realizará a avaliación da súa parte. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES
DIDÁCTICAS DE BIOESTADÍSTICA E METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA

 Proba mixta: Realizarase unha proba escrita na
data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test,
preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos
contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no
desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O
resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da
materia.

 Solución de problemas: Realizaranse probas de
coñecemento e/ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de maneira
individual ou en grupomediante a aplicación dos
coñecementos traballados, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así
se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de
10. A cualificación media destes traballos representará o 50% da cualificación
global desta parte da materia.

 A cualificación final desta parte da materia
calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para
superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir
un 4 na proba escrita.

 A metodoloxía de avaliación descrita é
obrigatoria para as/os alumnas/os de matrícula común en primeira oportunidade
(xuño).

 Segunda oportunidade (e sucesivas),
oportunidade adiantada: As/os alumnas/os de segunda oportunidade ou
oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a
primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas
deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que
representará o 100% da nota final desta parte da materia.

 Matrícula parcial: As/ os alumnas/os de
matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da
materia ao comezo do curso. As/os alumnas/os con matrícula a tempo parcial
poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un
exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto
en primeira como en segunda oportunidade. adiantada.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE  METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA

Aprendizaxe colaborativa: A nota representará 80 % da calificación global desta parte da materia.

Proba Mixta: A nota total representará 20% da calificación global desta parte da materia.

A cualificación final desta parte da materia
calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para
superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir
un 5 na aprendizaxe colaborativa e un 4 na proba mixta. 

Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso será que na 1º oportunidade.

Matricula a tempo parcial: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso que para o estudantado con matricula a tempo completo.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental do Green Campus ", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel: 

a.- Non se empregarán plásticos.
b.- Realizaranse impresións a dobre cara. 

c.- Empregarase papel reciclado. 

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes