Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Nutrición
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A7 B1 B4 C6 Farase a presentación escrita dun protocolo de revisión de evidencia e a síntese do desenvolvimiento da mesma 5
Estudo de casos A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 Consistirá na presentación en grupo (conforme a un índice proposto polo docente) dos resultados sobre a discusión dun artigo.
O artigo podese tratar de recomendacións baseadas na evidencia científica con aplicación práctica na área de nutrición ou un estudo científico orixinal, sobre unha mostra ou poboación.
Valorarase a capacidade de traballar en grupo e o compromiso individual de cada alumno co grupo, cara a obter os mellores resultados de todo o grupo na exposición.
Faranse 2 estudos de casos, a partire de publicacións nacionais ou internacionais, sobre casos clínicos, consensos ou recomendacións, falicitados polo docente.
Os grupos serán establecidos polo docente, cun máximo de 8 alumnos.
Cada estudo puntuarase cun máximo de 5 puntos. Destos 5 puntos, 2 serán obtidos polo grupo, 2 serán da valoración individual, e 1 valorarase segundo a coherencia de presentación e relación entre o grupo.
8
Presentación oral B15 C7 Valorarase a participación individual e nos grupos, e a puntuación establecerase segundo se expón no apartado de estudo de casos e traballos tutelados 2
Traballos tutelados B13 C9 C10 Faranse dous traballos tutelados: un será de grupo e outro será individual.

O grupo será máximo de 8 alumnos, elexidos polos alumnos.

O traballo tutelado en grupo consistirá na valoración de medidas antropométricas dos alumnos do grupo, e a elaboración de Recomendacións ou Plan de Acción. A avaliación farase tendo en conta: que un 40% (6 puntos) corresponde á puntuación ó grupo e un 60% (9 puntos) da puntuación corresponde coa exposición individual de cada alumno. Máxima puntuación do traballo de grupo: 15 puntos

A avaliación do traballo tutelado en grupo, farase tendo en conta os seguintes apartados: Intoducción, obxectivos, método, resultados e discusión, conclusións. Farase una descripción e sintesis da información dos contidos ou temas relativos ós artigos localizados

O traballo tutelado individual consistirá na elaboración dunha dieta semanal individualizada para a situación clínica que describa o docente para cada alumno. Será unha dieta semanal e cos menús axeitados aos alimentos da nosa terra.

Para a súa elaboración deberá ter en conta as necesidades enerxéticas, e as características clínicas dos pacientes que se lle adxudiquen. Deberá ser presentado nunha exposición antes de rematar as clases maxistrais. Máxima puntuación traballo individual: 10 puntos.

Deberá ser presentado antes de rematar as clases maxistrais.
15
Proba mixta B2 A proba consistirá en 50 preguntas test e 5 preguntas curtas. O test contará un 60% na nota do exame, e as preguntas curtas representarán o 40%.

As respostas falladas no test, restarán puntos. De xeito que de cada catro fallos restarase unha acertada. As preguntas curtas non restarán puntuación.

Facilitarase a realización dunha proba escrita de avaliación coa metade da materia. Será voluntaria. Os alumnos que a superen cun 65%, poderán eliminar a materia. No caso de non conseguir o 65% terán que presentarse á totalidade da materia no mes de xuño.

A puntuación obtida no exame voluntario da metade da materia contará un 30% para a valoración conxunta da nota de exame global da materia.

Os alumnos que eliminen materia no primeiro exame, por conseguir 65% ou máis no exame, terán que aprobar polo menos cun 50% o exame de xuño para superar a materia.

Os alumnos que no exame de xuño non superen ou consigan o 50%, terán que presentarse en segunda oportunidade (xullo) á totalidade da materia. Non se gardará a nota do primeiro exame no caso de non superar o exame de xuño.

O 65% da puntuación da materia corresponderá ao exame, e o 35% aos traballos tutelados, presentación oral e estudos de casos.

Os alumnos que non presenten os dous traballos tutelados e os estudos de casos, terán que obter unha puntuación do 65% no exame final de xuño e en segunda oportunidade (xullo) (test e preguntas curtas) para "aprobar" a materia de Nutrición.

Os alumnos que non realicen os traballos tutelados ou estudos de casos durante o curso, e desexen presentalos para a súa valoración na segunda oportunidade (xullo) ou na convocatoria de adianto de oportunidade (decembro), deberán comunicar cunha antelación mínima de 1 mes antes do exame, por correo electrónico ao profesor o seu interese de facer os traballos, e presentarán os traballos que o profesor indíquelles, con data límite de entrega dos mesmos o día do exame escrito.

En todo caso, para calquera convocatoria, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o adianto de oportunidade, os alumnos non poderán conseguir unha puntuación maior do 80% na asignatura si non presentan a totalidade dos traballos tutelados e dos estudos de casos correspondentes ao ano en curso, segundo as solicitudes do docente.

O exame para calquera convocatoria será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada catro mal, deducirase unha acertada. O test contará un 60% e as preguntas curtas un 40%.
Nas convocatorias extraordinarias deberá superar o exame cunha cualificación mínima do 50%.

O alumno poderá presentarse ao "adianto de oportunidade" (decembro), e o exame será de tipo test e pregunta curta. O test resta negativo, de forma que de catro preguntas falladas, restarase unha acertada. Terá que superar o exame cun 50%. Para alcanzar máis puntuación do 80% terá que presentar todos os traballos tutelados e Estudos de caso do ano en curso que lle sinale o profesor. De tal modo que contactará co profesor un mes antes do exame para informarse dos traballos e estudos que o profesor indíquelle que ha de presentar. Deberá presentalos o día da proba de adianto de oportunidade.
65
Aprendizaxe colaborativa A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 Valorarase a capacidade de comunicación do alumno no grupo e a sea relación cos diferentes grupos participantes. 5
 
Observacións avaliación

Valorarase a participación e asistencia a clase, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes