Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba mixta
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
En xeral consiste na atención personalizada desenvolvida polo profesor, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

No caso dos traballos tutelados e na presentación oral, a atención personalizada ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos e a forma de facer e preparar a presentación oral.
No estudo de casos, o estudante poderá solicitar a profesora a orientación de como encamiñar a resolución do caso e a bibliografía mais axeitada para o mesmo.

A solución de problemas pode requerir tamén atención personalizada en caso de dúbidas sobre a metodoloxía a emplear polo alumno para resolver o problema.

No caso da proba mixta, ten como obxectivo atender ás consultas do alumno relacionadas co estudo dos temas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes