Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria I Código 661G01014
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Gómez Besteiro, María Inmaculada
Correo electrónico
maria.gomez.besteiro@col.udc.es
Profesorado
Gómez Besteiro, María Inmaculada
Correo electrónico
maria.gomez.besteiro@col.udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento da asignatura debe familiarizar os estudantes co método epidemiolóxico para utilizalo a cotio como instrumento de traballo na análise, planificación e realización das súas actividades de cuidados (promoción, prevención, diagnósticas, curativas e de investigación). Especialmente contextualizado no ámbito poblacional co estudo dos grandes problemas de salud que afectan as nosas comunidades.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Todas coas seguintes variacións: A sesión maxistral: Cambiaráse por sesións en Teams na que a profesora fará as aclaracións as dubidas surxidas. Unha semana antes os alumnos terán a súa disposición diapositivas da clase, referencia para acceso a capitulo-s de libro ou artigo que deben estudiar, posteriormente escribirán as súas dubidas. Antes de rematar as sesións de videoconferencia poderánse realizar traballos ejercicios tutelados que serán realizados e enviados a profesora nas mesmas sesións. *Metodoloxías docentes que se modifican Os traballos talleres grupos reducidos presenciaís con 15 alumnos, de non ser posible usar a sala net de informática, modificaránse por talleres en aulas disponibles para manter a distancia de seguridade e cada alumno levará un portátil cos programas a utilizar. De non dispor de aulas, os talleres realizaránse por video-conferencia con grupos de 20 alumnos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As tutorías realizaránse un día/ semana, os mercores as 12:00, deberán ser solicitadas por correo electrónico a lo menos con 24 horas de antelación e realizaráse de forma individual por video-conferencia. Manteránse como canles de comunicación o correo-electrónico principalmente, Moodle e teams. 4. Modificacións na avaliación . Sen modificacións, excepto que as probas serian en opción on-line. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. SITUACIÓNS: Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase como o resto do alumnado Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Argimón Pallàs JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 5ª ed. Madrid: Elsevier; 2019 Hernandez-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Panamericana; 2018 Celentano & Szklo. GORDIS Epidemiologia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2019.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes