Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría da Saúde Mental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A59 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B15 B16 B24 C3 C7 C8 C12 -Se valorara as intervención individuais en cada caso que se aborde. 10
Proba mixta A59 B2 B3 B8

-Proba escrita que constará de preguntas curtas e/ou tipo test relacionadas con contidos teóricos, casos prácticos, análise de fontes documentais, discusión guiada e traballo tutelado.
-Puntuarase un mínimo de 0 e un máximo de 10.
60
Traballos tutelados A59 B2 B3 B5 B7 B8 B15 B16 C3 C7 C8 C11 -Será obrigatoria a realización do traballo tutelado. Esta metodoloxía desenvolverase entre 3-4 alumnos a partir dun tema proposto polo profesor. O traballo exporase ao resto do alumnado.
-A avaliación do traballo realizarase mediante unha rúbrica específica para o traballo e para a exposición oral que o alumnado terá especificado na plataforma Moodle.
-Puntuarase un mínimo de 0 e un máximo de 10
30
 
Observacións avaliación

-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudiantado debe aprobar, cunha nota de 5 sobre 10, cada unha das metodoloxías de avaliación da asignatura (estudo de casos, traballos tutelados e proba mixta)

-Segunda oportunidade: Gardarase a nota da parte superada (estudo de casos, traballo tutelado o proba mixta). Terá que realizar a parte non superada (estudo de casos, traballo tutelado o proba mixta). Os estudos de casos e o traballo tutelado farase mediante un traballo individual sobre unha temática proposta polo docente. A proba mixta será das mesmas características que na primeira oportunidade. Utilizarase as mesmas características e criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade. 

-Adianto de oportunidade: Realizarase un traballo tutelado individual dun tema proposto polo profesorado que terá unaha puntauación do 30% e realizarase unha proba mixta que terá unha puntuación do 70%. Deberá aprobar cada unha das metodoloxías de avaliacion, cunha nota de 5 sobre 10, para poder facer a media das duás partes.
-Alumnado con matrícula parcial: Os criterios de avaliación serán os mesmos que os alumnos con adianto de oportunidade.
-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes