Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado Código 661G01016
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Alvarez Rocha, Luis
Correo electrónico
luis.alvarez.rocha1@col.udc.es
Profesorado
Alvarez Rocha, Luis
Correo electrónico
luis.alvarez.rocha1@col.udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é conseguir que o alumnado, mediante un proceso de aprendizaxe, adquira as competencias que lle permitan estudar o marco legal de referencia básico no noso ordenamento xurídico relativo a toda intervención no terreo da saúde, coñecer as normas e as obrigas profesionais e descubrir os conflitos éticos que poidan xurdir na práctica clínica diaria das profesións sanitarias e da enfermaría en particular, e ademais analizalos criticamente para tomar decisións que sexan eticamente consistentes e lle permitan afrontar e encarrilar os dilemas que se lle poidan formular en relación coa atención do usuario e co propio desenvolvemento profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas Estudo de casos Proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais desenvolvéranse por Teams para resolver dúbidas da documentación dispoñible en Moodle (traballos realizados, artigos..) e bibliografía recomendada. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Utilizarase Teams, a demanda do alumnado. Realizaranse sesións individuais ou por pequenos grupos co fin de resolvelas dúbidas que lles poidan xurdir en relación coa materia. Plataforma Moodle e Correo electrónico a demanda do alumnado para aclaracións sobre aspectos relacionados co desenvolvemento da materia 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán modificacións nas metodoloxías de avaliación. *Observacións de avaliación: As descritas na guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía non se realizan cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes