Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/resultados dos traballos.
Estudo de casos Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos. Durante as clases tamén se requirirá a participación activa do alumnado coa realización de foros de discusión sobre algún tema específico e cuestionarios de coñecementos a través de kahoot.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos. E resolución páctica dun caso clínico (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes