Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Valorarase polos docentes a resolución correcta das tarefas individuais e grupais e casos prácticos desenvolvidos no campus virtual e nas clases presenciais. Terase en conta a asistencia, a participación activa, o análise crítico e reflexivo das respostas para resolución das actividades propostas.

Supón o 25% (2,5 puntos) da nota final.
25
Presentación oral A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 C1 C3 C6 C7 C12 Elaboración e defensa dun traballo de análise documental (individual/grupal) relativo a cuestións ético-legais do exercicio profesional.

Valorarase o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral, o pensamento crítico do grupo sobre o caso e a xustificación das intervencións e/ou respostas a través de bases documentais, normas e leis éticas e deontolóxicas actuais.

Supón o 25% (2,5 punto) da nota final.
25
Proba mixta A56 A57 A58 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C4 C10 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. A proba constará de preguntas curtas, tipo test e casos clínicos, relacionadas cos contidos da asignatura.

A puntuación mínica obrigatoria é contestar correctamente ao 75% das preguntas.
Esta proba suporá o 50% (5 puntos) da cualificación final.
50
 
Observacións avaliación

Dado que o contido da materia será
desenvolvido por dous docentes as metodoloxías de avaliación poden ser realizadas
de xeito separado por cada un dos docentes.

* A aplicación das porcentaxes no cómputo da avaliación parcial e final, para a superación da materia, quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os criterios que establezan os docentes.

* 2ª oportunidade. Proba mixta 100% avaliación.

* Adianto oportunidade. Proba mixta 100% avaliación

* Estudantes con matricula parcial: Proba mixta 70% e presentación oral dun traballo 30% (deberá presentalo o día acordado entre o profesor e o estudante a o longo do curso académico)

 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes