Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría clínica III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual o estudante resolvera a situación de saúde descrita nun caso clínico. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos , a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a idoneidade das solucións formuladas.
Realizaranse probas escritas presenciais de resolución de casos durante o curso os meses previstos son: novembro, febreiro, abril . Cada proba puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
A nota desta metodoloxía será a media ponderada das probas realizadas, para a súa separación é preciso obter unha media de 5 sobre 10.
Esta proba suporá o 45 % da cualificación final.
.
45
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farse tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC). Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. 15
Proba mixta A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de preguntas curtas e tipo test relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 40 % da cualificación final. 40
Prácticas de laboratorio A15 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A superación lograrase cando o estudante adquira as habilidades e destrezas necesarias no desenvolvemento dos procedementos e técnicas. A avaliación dos coñecementos incluese nas preguntas da proba mixta. 0
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación
final para a superación da materia quedará suxeita as seguintes condicións:
será necesario obter unha cualificación mínima de 4,5 na proba mixta e traballos tutelados e no estudo de casos unha cualificación mímima de 5.

 

2ª oportunidade : respectarase a nota das
partes superadas na 1º oportunidade.

Estudantes cos metodoloxías non superadas: 

Proba
mixta 40%, estudo de casos 45%, as probas realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da segunda oportunidade.

Traballo tutelado 15%, deberá desenvolverse de xeito individual, a data de entrega será establecerase no período de avaliación da 2ª oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%
(inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matricula parcial: As metodoloxás e porcentaxes serán as mesmas, o traballo tutelado realizarese de xeito grupal ou individual segundo acordo previo có estudantado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes