Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría clínica III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual e presencial, a/o estudante resolvera a situación de saúde descrita nun caso clínico. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a idoneidade das solucións formuladas.
Cando a/o estudante deba presentar o estudo de caso ao grupo a asistencia será obrigatoria, valorarase a capaciade de interacción dentro do grupo e as aportacións durante o proceso de reflexión colexiada.
Cada estudo de caso puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A nota desta metodoloxía será a media ponderada dos casos realizados. Para a súa separación é preciso obter unha media de 5 sobre 10.
Suporá o 15 % da cualificación final.
15
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B21 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farse tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC). Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. 15
Proba mixta A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de casos clínicos, preguntas curtas e/ou tipo test relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 70 % da cualificación final.
70
Prácticas de laboratorio A15 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A superación lograrase cando o estudante adquira as habilidades e destrezas necesarias no desenvolvemento dos procedementos e técnicas. A avaliación dos coñecementos incluese nas preguntas da proba mixta. 0
 
Observacións avaliación

Poderá realizarse unha avaliación parcial
mediante unha proba mixta das mesmas características que as descritas para a
avaliación final. 

A aplicación das porcentaxes na avaliación
final para a superación da materia quedará suxeita as seguintes condicións:
será necesario obter unha cualificación mínima de 5 na proba mixta e no estudo de casos e de 4,5 no traballo tutelado.

2ª oportunidade : respectarase a nota das
partes superadas na 1º oportunidade.

Estudantes cos metodoloxías non superadas: 

Proba mixta 85% (inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos
traballos tutelados).Estudo de 15% (deberá presentalos o día da proba mixta)

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%
(inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matricula parcial: As metodoloxás e porcentaxes serán as mesmas, o traballo tutelado realizarese de xeito grupal ou individual segundo acordo previo có estudantado. O estudo de casos será individual acordándose
previamente as datas de entrega.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes