Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría materno-infantil
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría materno-infantil Código 661G01018
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Grandio Ferreiro, M. Carmen
Correo electrónico
carmen.grandio.ferreiro@col.udc.es
Profesorado
Grandio Ferreiro, M. Carmen
Rei Serra, María Teresa
Correo electrónico
carmen.grandio.ferreiro@col.udc.es
teresa.rei.serra@col.udc.es
Web
Descrición xeral Rematado o proceso de ensino-aprendizaxe desta materia obrigatoria, pertencente ó módulo de Ciencias da Enfermaría, os estudantes deberán acadar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para: - prestar coidados integrais á muller en aspectos coma a planificación familiar e a maternidade, alén da promoción e da prevención da saúde, mantendo unha actitude responsable e científica, e - proporcionar coidados ó neno e á súa familia nas diferentes etapas de crecemento e desenvolvemento; incluíndo actividades de prevención das enfermidades nesta época da vida.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: • Sesión maxistral • Estudo de casos • Análise de fontes documentais • Lecturas • Traballo tutelado (computa na avaliación) • Proba mixta (computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán cambios nas metodoloxías da materia. As metodoloxías programadas previamente de xeito presencial, pasarán a desenvolverse de xeito virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: • Correo electrónico: de maneira diaria, para resolver dúbidas puntuais e solicitar titorías personalizadas (vía Teams). • Moodle: diariamente, para acceder a contidos e foros de discusión relacionados coa materia. • Teams: de maneira semanal, na franxa horaria designada á materia, e realización de titorías a pedimento dos alumnos, tanto grupais, como individuais. 4. Modificacións na avaliación: • Non se realizarán cambios. A excepción de, diante da imposibilidade de levar a cabo o exame presencial, éste realizaríase de modo virtual vía Moodle e Teams. * Observacións de avaliación: • A oportunidad de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: • Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. • Engádense ligazóns web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido de xeito non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes