Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada resposta mal, descontará 0,33.
As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber:
· 50% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas)
· 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta.
60
Traballos tutelados A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria.
A proposta da temática do traballo será validada polo/a docente. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas e irá subindo e/ou actualizando semanalmente o traballo levado a cabo a través da plataforma Moodle ou vía correco electrónico para o seu seguemento e avaliación final.
Realizarase en grupos de 4 a 6 estudantes.
A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
- Presentación e estructura: traballo escrito e exposición oral.
- Claridade e uso de terminoloxía científica.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade crítica e achega persoal.
- Creatividade e innovación do tema a tratar.
- Manexo e referencia de fontes documentais.

A presentación oral do traballo tutelado con apoio audiovisual será de carácter obrigado. A súa entrega deberá realizarse mediante correo electrónico ou subida á plataforma Moodle en tempo e forma para poder ser avaliado.
Puntuará sobre un mínimo de 0 a un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos.
40
 
Observacións avaliación

 

Será necesario acadar unha
puntuación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na
nota final.

Para superar a materia será
necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha
das partes: Materno e Infantil.

Poderase realizar unha avaliación
parcial mediante unha proba escrita das mesmas características que a descrita
na avaliación. De ser así, a data acordarase segundo o desenvolvemento do
programa.

Valorarase a presenza/asistencia
e a participación activa (sesión maxistral, traballo en grupo, prácticas de
laboratorio). A asistencia ás prácticas de laboratorio considérase obrigatoria,
debendo xustificarse a ausencia das mesmas.

Dado o carácter obrigatorio da
presentación dos traballos tutelados, o alumnado que non presente a totalidade
dos traballos, na forma e na data sinaladas, non terá opción de superar a
materia na primeira oportunidade.

Matrícula ordinaria:

A superación da materia está
supeditada á superación da proba mixta e do traballo tutelado de forma autónoma
polo alumnado, tendo que acadar o 50% da nota en cada unha delas.

Avaliación 2ª oportunidade

Na segunda oportunidade da
materia respectarase a nota aprobada da Proba Mixta e/ou dos Traballos
Titorizados de calquera das dúas partes (Materno ou Infantil).

Proba mixta: calculará un 70%.

Traballos tutelados: computarán
un 30% e deberán entregarse o día da realización da proba mixta; sempre que non
fosen entregados con anterioridade, nese caso, terán o mesmo peso na avaliación
que para a 1a oportunidade.

Oportunidade anticipada

Proba mixta: calcularase un 100%,
incluíndo preguntas relacionadas co desenvolvemento de traballos tutelados.

Alumnos de Matrícula Parcial e SICUE.

Proba mixta: computará un 70%.

Traballos tutelados: computarán o
30% e deberán entregarse o día que se acorde entre o profesor e o alumno ao
longo do curso académico. Estes traballos pódense realizar individualmente ou
en grupo. En todo caso, calquera que sexa a opción elixida polo alumno, deberá
comunicarllo previamente ao profesor a través do correo electrónico durante a
primeira semana do curso académico.

No caso dos alumnos SICUE a
exposición dos traballos terá carácter obrigatorio. Dita exposición poderá
levarse a cabo de xeito presencial ou vía telemática.

Poderán obter o Título de Honra
os estudantes que obteñan unha nota mínima de 9, tendo preferencia os que
obteñan unha nota superior. En caso de igual puntuación e haber máis
solicitantes que matrículas, prevalecerá a persoa que obtivese maior puntuación
na metodoloxía con maior peso porcentual.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes