Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria II
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Proba de resposta múltiple
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizado relacionada coa Proba de Resposta Múltiple ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo dos bloques temáticos da materia. Farase de forma individualizada, de maneira presencial (na aula ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.

A atención personalizada relacionada co Traballo Tutelado ou coas tarefas da Aprendizaxe Colaborativa ten como finalidade orientar, apoiar e motivar ás/aos estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial (nas sesións de grupo de 20 persoas ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes