Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B8 B11 B12 B13 B16 B18 B20 B22 B24 C1 C4 C6 C11 C12 Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final.
15
Proba de resposta múltiple A26 A27 A29 A30 B3 B8 B16 B20 B24 C7 C10 C11 C12 A proba incluirá preguntas sobre os 5 bloques temáticos que compoñen a materia.

60
Traballos tutelados A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B8 B11 B13 B20 C1 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase entre 2-3 alumnos de xeito progresivo a partir dunha proposta validada pola docente. A avaliación dos traballos realizarase mediante unha rúbrica específica onde os aspectos a valorar serán:
- Presentación e estrutura: 1 punto traballo escrito e 2 puntos a presentación oral
- Claridade e uso da terminoloxía científica: 2 puntos
- Capacidade de análise e síntese: 3 puntos
- Capacidade de crítica e achega persoal: 2 puntos
É obrigada a presentación oral do Traballo Tutelado (con apoio audiovisual) para que poida ser avaliado. A presentación oral será valorada mediante unha rúbrica propia. A entrega na plataforma Moodle e a presentación deberá realizarse en tempo e forma para poder ser avaliadas.
25
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten pola adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

MATRÍCULA ORDINARIA: A superación da materia está supeditada a que a Proba de Resposta Múltiple (PRM) e o Traballo Tutelado (TT) sexan superados de xeito autónomo polo alumno, que deberá acadar o 50% da nota máxima en cada unha deles. Para obter polo menos o 50% da nota da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (AC) é necesario asistir polo menos ao 80% das clases e ter colaborado activamente no 80% das tarefas propostas. A nota final obterase sumando ás porcentaxes da PRM e do TT (sempre que estean superados) a porcentaxe obtida en AC, independentemente do seu valor. O aprobado acadarase cando a suma dos porcentaxes resulte igual o maior ao 50%. No suposto de que a PRM e o TT estean aprobados, pero non o AC  e a suma dos porcentaxes non alcance o 50%, neste caso o alumnado estará suspenso e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder alcanzar una nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes alcance o 50%.

A avaliación do TT e da AC está condicionada á participación e ao traballo en grupo, polo que se algún membro non supera esta condición no caso concreto do TT, deberá volver a entregalo e presentalo individualmente na segunda oportunidade (sendo autoridade do profesorado a asignación dun tema diferente se a situación o requira).

Na segunda oportunidade da materia respectarase a nota da PRM ou do TT (sempre que se superen na primeira oportunidade) e manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independentemente do seu valor) , cuxa porcentaxe se sumará á nota obtida nas outras dúas metodoloxías.

No caso de que o TT non fose aprobado na primeira oportunidade, o traballo entregarase o día sinalado para a segunda oportunidade da PRM a través de Moodle, realizándose a exposición oral máis tarde, pero sempre dentro do período establecido para os exames.

MATRÍCULA PARCIAL: No caso do alumnado con matrícula parcial, ten dúas opcións, na primeira debe desenvolver e presentar o TT individualmente ou en grupo (previa solicitude á profesora) e realizar a PRM. Nesta primeira opción, o TT suporía o 40% da avaliación e a PRM o 60% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). Para optar a esta opción, o alumnado con matrícula parcial deberá solicitala vía correo electrónico despois da sesión inicial de actividades e antes da primeira sesión semanal de grupos de 20 persoas. De non solicitar esta primeira opción, as metodoloxías e porcentaxes serán as indicadas no apartado de avaliación, podendo realizar o TT indidualmente ou en grupo (previa solicitude á profesora). No caso de que o TT se realice de forma individual, a planificación da súa presentación axustarase ao disposto no apartado 5 do artigo 7 do Regulamento que dicta o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC, debendo solicitar a dispensa que lle exime do resto da asistencia nos termos sinalados pola normativa. En todo caso, a asistencia será obrigatoria cando se teña previsto desenvolver, segundo o calendario, as tarefas de AC.

ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá o 100% da avaliación.

A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes