Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Xestión dos servizos da Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A53 A54 A55 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B21 B22 C1 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20 %da cualificación final. 20
Traballos tutelados A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 C11 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre:presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar 20
Proba mixta A53 A54 A55 B8 C10 Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos 60
 
Observacións avaliación
  • A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da
    materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que
    computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os
    criterios que estableza a profesora.
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade
    (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (maio/xuño).
  • As probas superadas na primeira oportuniodade
    (maio/xuño) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que
    soliciten adianto de oportunidade,  acolleranse á modalidade de exame
    de proba mixta que constará de preguntas curtas e tipo test e suporá o
    100% da nota. 
  • Os estudantes que opten a matricula de honra deberán
    ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto
    de metodoloxías coa nota máxima.
  • Os
    estudantes que non se presenten a proba mixta, obteran un no presentado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes