Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B7 B10 B12 B20 C1 C6 C7 C13 A realización do traballo supervisado será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a avaliación de competencias específicas e transversais. Puntuará un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 30% da nota final.

En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación as normas de elaboración segundo o tipo de traballo presentado.
- A metodoloxía adecuada do traballo entregado.
- A profundidade do contido da materia estudada.
- O dominio das ferramentas ou aplicacións utilizadas na elaboración do tema.
- O uso de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e claridade na redacción do traballo.
30
Proba mixta A29 A30 A38 A56 C1 C10 Haberá unha proba escrita na data oficial do exame da materia. As probas consistirán en preguntas curtas e tipo test, relacionadas con contido teórico, lecturas, estudos de caso e traballos tutelados. Puntuarán un mínimo de 0 e un máximo de 10. Para acadar o aprobado o punto de corte se situará no 50% de respostas acertadas.

Esta proba representará o 50% da nota final.
50
Estudo de casos A28 A29 A30 A38 A56 B5 B6 B9 B12 B20 C1 C6 C7 O avance, interese e habilidades dos estudantes valoraranse durante as clases. Avaliarase a realización dos traballos necesarios ao longo do curso. Valorarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Suporá o 20% da nota final. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar tódalas partes avaliables desta. Cada unha dás artes considérase superada ó alcanzar a metade do seu valor de avaliación.

MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos/as cuxa media supere o 9,5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos/as estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC". 

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC".

MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno/a. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno/a non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes