Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoterapia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 A5 A6 A38 B2 B5 C1 C4 C7 C10 C12
O avance, interese e habilidades dos estudantes valoraranse durante as clases. Avaliarase a realización dos traballos necesarios ao longo do curso. Valorarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Suporá o 20% da nota final.
20
Traballos tutelados A4 A5 A6 A38 B2 B5 C1 C4 C7 C10 C12 A realización do traballo supervisado será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a avaliación de competencias específicas e transversais. Puntuará un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 30% da nota final.
En relación cos traballos tutelados valorarase:
-A metodoloxía adecuada das propostas de traballo.
-A profundidade do contido.
-O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
-O tratamento dunha linguaxe específica para o contexto disciplinario.
-O uso de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e claridade na exposición.
30
Proba mixta A4 A5 A6 A38 B2 B4 C1 C4 C7 C10 C12 Haberá unha proba escrita na data oficial do exame da materia. As probas consistirán en preguntas curtas e tipo test, relacionadas con contido teórico, lecturas, estudos de caso e traballos tutelados. Puntuarán un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba representará o 50% da nota final. 50
 
Observacións avaliación

Segunda oportunidade: Realizaranse unha proba escrita. A proba constará de preguntas curtas e/o tipo test, relacionadas con contidos teórico.  Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.0 punto de corte para acadar o aprobado se situará no 70% de respostas acertadas.

Adianto oportunidade e estudantes con matricula parcial: Proba mixta 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes