Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoterapia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 A38 B2 B4 C4 C7 C10 C12 A proba incluirá preguntas sobre os 3 bloques temáticos que compoñen a materia. 70
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final.
30
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

MATRICULA ORDINARIA: A superación da materia queda suxeita a que a Proba de Respuesta Múltiple (PRM) sexa superada pola estudante, debendo acadar o 50% da puntuación da nota máxima. Para poder conseguir alomenos o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa (AC) é preciso asistir e participar, como mínimo, no 80% das clases e ter colaborado activamente co grupo no 80% das tarefas propostas. A nota final da materia obterase sumando á porcentaxe da PRM (siempre que estea aprobada) a porcentaxe obtida na AC, independentemente do seu valor. O aprobado conseguirase cando a suma das porcentaxes resulte igual ou superior ao 50%. No suposto de que a PRM estea aprobada, pero non AC e a suma das porcentaxes non acaden o 50%, a/o alumna estará suspensa e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder acadar unha nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes chegue ao 50%.

Na segunda oportunidade da materia manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independientemente do seu valor), cuxo porcentaxe será sumado á nota obtenida na PRM, sendo preciso acadar o 50% para superar a materia.

MATRÍCULA PARCIAL: No caso de estudantes con matrícula parcial, dispoñen de dúas opcións, a primeira consiste en presentarse á PRM, supoñendo o seu resultado o 100% da evaluaciónPara optar a dita opción, o alumnado con matrícula parcial, deberá solicitalo a través do correo electrónico despois da sesión de actividades iniciais e  antes da primeira sesión de grupo semanal de 20 persoas. Se non solicita esta primeira opción as metodoloxías e porcentaxes serán os indicados no apartado de avaliación e a asistencia será obrigada cando estea planificado desenvolver, segundo calendario, as tarefas da AC (independentemente da dispensa que lle exima da asistencia, nos termos que indica a norma reguladora). 

ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá o 100% da avaliación.

cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes