Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C12 C10 A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria o día e hora que corresponda.
Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual ou entre dous participantes.

Criterios de avaliación:
Cada falta suporá un descenso de 0,5 puntos en este apartado.
Realizaranse varias sesión de avaliación con esta metodoloxía, cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A nota será a media ponderada das sesións realizadas, para súa superación e necesario obter unha media de 5 sobre 10.

En cada sesión de avaliación valorarase a capacidade de comunicación e o desenvolvemento das diferentes intervencións, técnicas e procedementos de enfermaría. Na avaliación das técnicas e procedementos terase en conta a:
• Selección adecuada dos materiais específicos para cada actividade.
• Aplicación das medidas de seguridade requiridas en cada situación.
• Demostración de destreza na execución de técnicas e procedementos.
• Fundamento das accións en coñecementos teóricos.
40
Proba práctica B3 B7 B8 B9 B13 B14 C1 Valorarase a capacidade de comunicación e o desenvolvemento das diferentes intervencións, técnicas e procedementos de enfermaría. Na avaliación das técnicas e procedementos terase en conta a:
• Selección adecuada dos materiais específicos para cada actividade.
• Aplicación das medidas de seguridade requiridas en cada situación.
• Demostración de destreza na execución de técnicas e procedementos.
• Fundamento das accións en coñecementos teóricos.

Para a superación desta proba é necesario aprobar tres dos catro partes. A nota final será a resultante da media da nota das catro partes.
20
Proba mixta B3 B8 B11 C1 A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas có saber das competencias da materia.
O exame terá catro partes. Para a superación da proba é preciso acadar o 50% das respostas correctas en a lo menos dúas partes.
A nota final da proba mixta será a resultante de facer a media das catro partes.
20
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B20 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria o día e hora que corresponda .

Criterios de avaliación:
Cada falta suporá un descenso de 0,5 puntos en este apartado.
Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio o longo do curso.
20
 
Observacións avaliación

Para promediar a porcentaxe das
diferentes metodoloxías os estudantes deben aprobar cada unha das partes.

As partes superadas na 1ª
oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade.

 

2º oportunidade: Simulación 60%
, proba mixta 20% e proba práctica 20% utilizaranse as mesmas características e
criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día
coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade.

Estudantes con matricula parcial: dada a
natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia os criterios
de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo.

 

Adianto de oportunidade: dada a
natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é
posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. O estudante que
desenvolvese a materia o curso anterior e non superase algunha das metodoloxías
de avaliación poderá recuperará soamente a metodoloxía non superada ese curso
(proba mixta, proba práctica ou simulación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes