Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C4 C7 -A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria o día e hora que corresponda
-Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio o longo do curso.
-A falta de asistencia non xustificada a unha sesion práctica supon un descenso de 1 punto na nota final da asignatura.
-A falta de asistencia non xustificada a mais do 10% das practicas de laboratorio supón a no superación da asignatura nesta convocatoria.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
30
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C10 C12 -A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria o día e hora que corresponda.
-Consistirá en presentar ao estudantado situacións clínicas reais para valorar a sua capacidade na toma de decisions e a integración dos coñecementos científicos que a sustentan. Valorarase a habilidades na sua aplicación e a utilización correcta do material.
-Cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
-É preciso superar, cunha nota de 5 sobre 10, catro das seis probas das simulacións para poder realizar a media desta metodoloxía avaliativa. A nota final da simulación será a resultante de facer a media ponderada das simulacións realizadas.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
70
 
Observacións avaliación

-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudiantado debe aprobar, con nota de 5 sobre 10, cada unha das metodoloxías de avaliación  da asignatura.

-As partes superadas na 1ª oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade.

-Non poderán acceder á 2º oportunidade o alumnado que non supere a metodoloxía de prácticas de laboratorio por falta de asistencia non xustificadas. A falta de asistencia a mais do 10% das prácticas de laboratorio supón a non superación da materia nesta convocatoria

-2º oportunidade: Simulación 100%. Utilizaranse as mesmas características e criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade.

-Estudantado con matricula parcial: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia os criterios de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo.

-Adianto de oportunidade: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes