Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización de dous rotatorios de prácticas, un deles nunha unidade de hospitalización da área médica, e outro nunha unidade de hospitalización da área cirúrxica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde.
Prácticas a través de TIC Actividade que permite ó alumnado aprender de forma efectiva as tecnoloxías da información e comunicación utlilizadas para o tratamento da información clínica enfermeira nun contorno hospitalario.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a valoración e planificación dos coidados de enfermaría dunha situación clínica concreta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes