Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Solución de problemas A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B19 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos.
5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos.
50
 
Observacións avaliación

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo ao Regulamento de Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado no Regulamento de Estadías Clínicas. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual. Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadias Clinicas. 

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar o relativo á avaliación de solución de problemas. 

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica e unha actividade presencial non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes