Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plano de coidados individualizado en cada un dos dous rotatorios clínicos. Un plano de coidados médico e un plano de coidados cirúrxico.
Portafolios do alumno O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia. Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas. Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia.
Seminario Realizaránse dous seminarios previos á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais.
Presentación oral Cada un dos traballos realizados ao longo das prácticas clínicas será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís.
Prácticas clínicas As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes