Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plano de coidados individualizado no último dos rotatorios clínicos.
Segundo a unidade de rotación, realizará un plano de coidados médico ou cirúrxico.
Portafolios do alumno O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se explicarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia.
Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas.
Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema con técnicas de participación, discusión i elaboración de conclusións.
Realizaranse dous seminarios obrigatorios:
- Seminario sobre Historia Clínica Electrónica de 1 hora de duración. Previo á rotación polas unidades médicas.
- Seminario Cirúrxico previo á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais.
Presentación oral O traballo realizado coa metodoloxía de Solución de Problemas no último rotatorio clínico, será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís.
A presentación oral é obrigatorio e terá unha duración de 3 horas.
Prácticas clínicas As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados (con inclusión dos quirófanos, laboratorios e hospitáis de día) para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes