Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Portafolios do alumno
Presentación oral
Seminario
Descrición
A atención persoalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación dos Planos de Coidados que teñen que realizar en cada rotatorio clínico. Farase de xeito individual ou en grupo e será preferiblemente presencial. Ainda que as consultas puntuales poderánse facer a través da páxina web da asignatura.

A atención persoalizada relacionada co Portafolio do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos na páxina web da asignatura e atenderánse as consultas dos estudantes polo mesmo canal.

A atención persoalizada relacionada cos Seminarios, ten como finalidade:

1- Formar a os estudantes no uso da Historia Clínica Electrónica como recurso básico no desenvolvemento da actividade de enfermaría.
2- Formar i entrenar aos estudantes nos usos mais habituales nas Salas Cirúrxicas previa ao seu rotatorio polos quirófanos. Farase mediante simulación teorico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.

A atención persoalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial o a traves da páxina web da asignatura.

A atención persoalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento i avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Se fará de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan á unidade de prácticas clínicas, outras consultas poderánse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico y/ou páxina web da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes