Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Portafolios do alumno
Presentación oral
Seminario
Descrición
A atención personalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación do Plan de Coidados que teñen que realizar no segundo rotatorio clínico. Farase de xeito individual ou en grupo e será preferiblemente presencial. Inda que as consultas puntuais poderanse facer a través do correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.

A atención persoalizada relacionada co Portafolios do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos no campus virtual da materia e atenderanse as consultas dos estudantes polo mesmo canal ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos Seminarios, ten como finalidade:

1- Formar aos estudantes no uso da Historia Clínica Electrónica como recurso básico no desenvolvemento da actividade de enfermaría.
2- Formar e entrenar aos estudantes nas actividades mais habituais nas Salas Cirúrxicas previo ao seu rotatorio polos quirófanos.
Farase mediante simulación teórico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.

A atención personalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial e/ou a través do campus virtual da materia.

A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan ás unidades de práctica clínica, outras consultas poderanse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes