Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A13 A14 A16 A23 A28 A35 A36 A37 A39 A56 A57 A62 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Cada un dos traballos realizados ó longo das Prácticas Clínicas avaliarase de xeito indiviualizado, cos seguintes criterios:
1. Presentación e estrutura: ate 2 puntos.
2. Claridade na redacción: ate 2 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese: ate 2 puntos.
4. Capacidade crítica e aportación persoal: ate 4 puntos.
O conxunto de ambos traballos terá un peso na nota total da asignatura do 35%. A súa presentación e obrigatoria.
35
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Entregarase, de xeito obrigatorio, ó finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase:
1- A capacidade de síntese na avaliación da aprendizaxe na unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: ate 4 puntos
O peso total do Portafolio na nota final e do 5%.
5
Presentación oral A62 B1 B4 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 A presentación oral dos 2 traballos realizados ó longo do curso e obrigatoria. Realizarase nas datas asinadas pola profesora e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación:
- Calidade da presentación, ate 2 puntos
- Uso adecuado dos recursos audiovisuais, ate 2 puntos
- Capacidade de síntese, ate 2 puntos
- Dominio dos contidos, ate 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%.
5
Seminario A62 B1 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 A asistencia ó Seminario Cirúrxico e obrigatoria e computará un 5% na nota final da asignatura. 5
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:


Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes e obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría.


 


Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


 


A aplicación de la cualificación correspondente  realizaráse sempre que o estudante teña todalas  probas (Prácticas Clínicas, Solución de Prolemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios) superadas de xeito independente.


Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes.




O sistema de cualificacions  expresaráse mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.


Os aspectos e criterios xeráis que a ter  en consideración ó avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación oral, Seminario e Portafolios) serán:  asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.


As probas superadas na convocatoria de maio- xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todas as probas para alcanzar a cualificación definitiva.  


Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.


Avaliación 2º oportunidade


Dado as metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia na que na maioria das actividades son presenciais ou relacionadas ca presenza en prácticas (práctica clínica, seminario, solución de problemas ), e polo tanto non recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.


Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.



 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes