Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante:
1. Presentación e capacidade de síntesis do contido: máximo 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas: uso da entrevista, agrupamento dos datos, uso de escalas, manifestación de dependencia: máximo 2 puntos
3. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos
4. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos
5. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos
6. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto
O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria.
30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Entregarase, de xeito obrigatorio, ao finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase segundo a rúbrica publicada no Caderno do Estudante:
1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: máximo 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: máximo 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: máximo 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 5%.
5
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria.
Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante:
- Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos
- Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos
- Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos
- Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%.
5
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria.
Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios i eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados.
Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia de un 5%. Polo que o peso total será de un 10%
10
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes é obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estadías Clínicas III e ter superadas as Estadías Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría. 

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, as profesoras publicarán o listado de recuperacións no campus virtual da materia, ninguna recuperación fóra de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no campus virtual da materia antes do inicio das mesmas.

Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas.

Para aprobar a materia é preciso superar de xeito independente tódalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). 
A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. 
A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. 

Avaliación 2ª oporunidade: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán rempregar a 2ª oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.

Adianto de portunidade e estudantes con matrícula parcial: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obteviera mais nota. En caso de ugualdade de puntuación e habendo mais aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización freudulenta das robas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualifiación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes